viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

A Feira do Libro de Redondela abre as súas portas este xoves

Instalarase na Alameda e permanecerá aberta ata o dia 19

A Feira do Libro de Redondela abrirá as súas portas este xoves, día 16 de xullo, ás 19,30 horas. Farao cun acto de inauguración no que participarán diversos representantes institucionais e da Federación de Librarías de Galicia.

A feira instalarase na Alameda de Redondela e permanecerá aberta ata o dia 19.

Programa Feira do Libro de Redondela

O pregón inaugural correrá a cargo de Manuel Puga Pereira, mentres que a escritora María Alonso concluirá a primeira xornada coa firma da súa obra Red Lion, que comezará ás 20.00 horas.

O venres e o sábado desenvolveranse actos desde as 13.00 horas e ata as 20.00 horas. Os protagonistas serán Xavier Castro, Elba Pedrosa, Elizabeth Oliveira e Manuel Esteban, o venres, e Ana Abad de Larriva, Isabel Blanco e Lorena Conde, o sábado.

Por último, o domingo a feira pechará coa presenza de Manuel Pérez Lourido, Esperanza Arrondo e Olga Lalín, ademais do ciclo Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar, presentado por Francisco J. Leira Castiñeira.

A Feira do Libro de Redondela abre as súas portas este xoves
Comentarios