Lunes. 18.06.2018 |
El tiempo
Lunes. 18.06.2018
El tiempo

O festival Son do Camiño iniciará o xoves a venda dos seus abonos

Jamiroquai. TWITTER
Jamiroquai. TWITTER

As primeiras 2.000 entradas venderanse a un prezo de 39 euros máis gastos

O Festival Son do Camiño, que acollerá o Monte do Gozo de Santiago entre o 28 e o 30 de xuño, iniciará este xoves, día 1 de marzo, a venda dos seus abonos. 

Segundo informou a organización do festival, a partir do día 1 ás 10.00 horas poñeranse á venda 2.000 abonos a 39 euros máis gastos, 3.000 a 49 máis gastos e 6.000 abonos a 59 euros máis gastos. 

A partir desa terceira oferta, dixeron os responsables, o prezo manterase "ata próximo aviso". A venda realizarase a través de Ticketea e da web do festival. 

Trátase dunha proposta musical "de primeiro nivel" que arrinca con nomes como The Killers, Jamiroquai, Martin Garrix, Franz Ferdinand, ou Lenny Kravitz.

Con capacidade para 24.000 asistentes cada xornada, o recinto do Monte do Gozo, que está sendo acondicionado, contará con dous escenarios, unha área de restauración, mercadiño e unha zona de acampada. 

O macrofestival contará tamén con nomes como León Benavente, The Gift, C. Tangana, La M.O.D.A., Carlos Sadness, Toundra, The Last Internationale, Talisco, Morgan, Rufus T. Firefly e Plya. 

Ademais, haberá representación de grupos galegos como Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro, Eladio y los Seres Queridos, Arce, Malandrómeda, Bala, Furious Monkey House, True Mountains e Agoraphobia. A listaxe, non obstante, aínda non está pechada e espéranse novidades. 

O festival Son do Camiño iniciará o xoves a venda dos seus abonos