O galego Manuel Mata Piñeiro gaña o Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven

O mozo faise co concurso con 'El buen salvaje', o seu primeiro poemario

Fotografía da poeta facilitada pola Fundación Gloria Fuertes.
photo_camera Fotografía da poeta facilitada pola Fundación Gloria Fuertes.

O galego Manuel Mata Piñeiro resultou gañador do XIX Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven co seu libro El buen salvaje, o seu primeiro poemario. 

Así o determinou un xurado composto por Ana Rosetti, Javier Lostalé e Marta Porpetta, que tomou a decisión por unanimidade. O libro será publicado na colección Gloria Fuertes de Edicións Torremozas. 

Manuel Mata Piñeiro naceu en Vilagarcía de Arousa en 1992, estudou Belas Artes e especializouse en arte contemporáneo. Na actualidade desenvolve na Universidade de Vigo a súa tese doutoral, centrada nos límites entre a literatura e os demais campos artísticos. 

Comentarios