martes. 10.12.2019 |
El tiempo
martes. 10.12.2019
El tiempo

Heredeiros, Anaut, Sex Museum e Familia Caamagno, no Surfing the Lérez 2019

Presentación do Surfing the Lérez, este xoves en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Presentación do Surfing the Lérez, este xoves en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Máis dunha vintena de artistas compoñen o cartel deste festival gratuíto que se celebrará na Illa das Esculturas o venres 21 e o sábado 22 de xuño

O Festival Surfing the Lérez presentou este xoves a súa programación que inclúe as actuacións destacadas das bandas madrileñas Anaut, os veteranos Sex Museum e os galegos Heredeiros da Crus, Familia Caamagno e Tony Lomba acompañado de Eladio Santos. 

En total, serán máis dunha vintena os artistas que compoñen o cartel deste festival gratuíto pensado para toda a familia e que se celebrará na Illa das Esculturas de Pontevedra, o venres 21 e o sábado 22 de xuño. 

O concello de Pontevedra acolleu este xoves a presentación da novena edición deste festival urbano que marca o inicio das Festas de Verán. 

Na primeira xornada actuarán os Heredeiros da Crus, acompañados do pontevedreses Fondo Norte e Malkeda, o pop tropical de Selvática e do alumnado da escola de rock de Paredes de Coura (Portugal). 

A oferta musical do sábado arrinca ás doce do mediodía coa banda pontevedresa Mushu e o indie dos vigueses Basanta ou os concertos de Santi Araujo e Tony Lomba e Eladio Santos. Completan o cartel Labretta Suede & The Motel Six, Sex Museum, Holywater e The Lelli's Kellys, Rayotaser, Ortiga, Anaut e Thee Blind Crows. Pechará o festival o pop-rock de Familia Caamagno. 

Nun terceiro escenario actuarán uns douscentos nenos coordinados pola Escola Bonobo. Este escenario converterase pola noite nunha zona DJ con tres artistas da casa, Charlie DJ, Iván Fiuza e Malaguita. 

O festival contará ademais con food-trucks, un mercadillo de mozos creadores, unha zona de atraccións feitas en madeira e o posto máis visitado, a carpa solidaria de recollida de alimentos para a Rede Axuda, onde o público achegará as súas doazóns a modo de entrada.

Heredeiros, Anaut, Sex Museum e Familia Caamagno, no Surfing the...
Comentarios