Carlos Meixide, escritor e cómico. Desde a Casa

"'O home tranquilo' é gozosa de principio a fin"

Carlos Meixide
photo_camera Carlos Meixide

→ Unha película
O home tranquilo. É gozosa de principio a fin, ten unha cor preciosa, a banda sonora conmóveme, John Wayne e Maureen O’Hara están espléndidos, os secundarios... Adoro a John Ford.

→ Unha serie
Betty la Fea, a orixinal, a colombiana. É divertidisima. Nunca gocei tanto cunha serie. Os que nunca a viron, tal vez non me entendan. Os que a viron, estarán de acordo comigo.

→ Un libro
Os Maias de Eça de Queirós. Xa que non imos poder ir nun tempo a Portugal...

→ Un disco
Carioca ao vivo (2007) de Chico Buarque. O cd do único espectáculo do Chico Buarque, o meu artista favorito, que puiden ver ao vivo.

→ Outra alternativa
Antes do confinamento puiden asistir a unha exposición do pintor post-impresionista Felix Valloton, a quen coñecía polas súas fermosas caricaturas na revista anarquista La Revue Blanche. Un artista moi interesante.

Comentarios