domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Kase.O, primeira confirmación do SonRías Baixas 2020

As primeiras entradas para o festival de Bueu saen á venda este xoves

O SonRías Baixas xa ten a súa primeira confirmación para a edición do 2020: nin máis nin menos que Kase.O, unha das figuras indispensables do hip hop en España.

O rapeiro, exmembro de Violadores do Verso, será un das cabezas de cartel do festival, que se celebrará en Bueu os días 30, 31 de xullo e 1 de agosto do próximo ano.

As primeiras entradas para unha das grandes citas festivaleras do verán saen á venda este xoves desde 33 euros. Máis información na páxina oficial do SonRías Baixas.

Kase.O, primeira confirmación do SonRías Baixas 2020
Comentarios