jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Lauryn Hill actuará en Vigo o 17 de xullo 

Lauryn Hill. EP
Lauryn Hill. EP

É o único concerto que a artista americana ofrecerá en España dentro da súa xira

A cantante de rap e rhythm and blues Lauryn Hill actuará o próximo 17 de xullo no Auditorio de Castrelos en Vigo, segundo avanzou este xoves o alcalde da cidade, Abel Caballero. 

Este concerto, o único que a artista americana ofreza en España, enmárcase na xira de celebración do 20º aniversario do seu disco The Miseducation of Lauryn Hill , que a levou por escenarios de todo o mundo. 

Definida no seu día como unha nova Nina Simone, Hill triunfou na súa mocidade co grupo The Fugees, e foi aclamada mundialmente pola súa versión do Killing me softly de Roberta Flack. 

Tras a disolución do grupo, a finais dos 90, Lauryn Hill iniciou unha carreira en solitario infestada de éxitos, e co seu disco debut bateu marcas de vendas e de premios. Así, converteuse na muller con maior número de nomeamentos nunha soa edición dos Grammy (10 en total) e maior número de galardóns conseguidos (5, incluído Disco do Ano). 

A súa influencia musical foi reivindicada por artistas como Alicia Keys, Beyoncé ou Prince e, ademais da súa faceta musical, foi recoñecida polo súa labor humanitaria a favor dos refuxiados e doutras causas. Tamén explorou os ámbitos da creación poética, a dramaturxia e a moda. 

Lauryn Hill actuará en Vigo o 17 de xullo 
Comentarios