'Malamente' de Rosalía, entre os "200 mellores temas da década"

O tema da artista catalá sitúase no posto 23 ► É a única canción en español da lista xunto co remix de 'Mi gente' de J Balvin en colaboración con Beyonce
Rosalía durante un concerto. KIKO HUESCA (EFE)
photo_camera Rosalía durante un concerto. KIKO HUESCA (EFE)

Malamente de Rosalía é para a revista musical Pitchfork unha das "200 mellores cancións da década" que termina, concretamente o número 23, nunha lista coroada por Alright, de Kendrick Lamar.

O medio xustifica esta elección polo seu carácter de novo "himno da comunidade negra" e símbolo de loita e resistencia fronte " brutalidade policial" ou o mesmo Trump grazas á súa mensaxe optimista en tempos de dificultades.

Nese sentido conecta co número 4 da clasificación, que é para Formation de Beyonce, un posto fóra do podio que completan Oblivion de Grimes e Dancing On My Own de Robyn.

Entre Drone Bomb Me de Anohni e Inspector Norse de Todd Terje, figura o Malamente de Rosalía, moi por diante doutras estrelas e éxitos internacionais como Someone Like You (posto 71) ou Rolling In The Deep (171) de Adele ou o Royals de Lorde (129).

"(Ese tema) supuxo a chegada dun dos talentos máis destacados -e inesperados-. Nin sequera os seus fans temperáns puideron anticipar o que estaba por vir", destaca a reseña que xustifica a elección deste corte que "parecía vir dun universo completamente diferente", combinando raíces flamencas e sons contemporáneos.

A de Rosalía é a única canción en español da lista xunto co remix de Mi gente do colombiano J Balvin en colaboración con Beyonce, que aparece no número 189.

A lista de Pichfork inclúe outros moitos himnos da década 2010-2019, como Work de Rihanna (15), Runaway de Kanye West (18), Holocene de Bon Iver (26), Teenage Dream de Katy Perry (102), Get Lucky de Daft Punk con Pharrell (114), Sorry de Justin Bieber (120), Wrecking Ball de Miley Cyrus (152) ou Feels Like We Only Go Backwards de Tame Impala (192). 

Comentarios