Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

María Bouzas recibirá o premio de honra da Academia Galega do Audiovisual

María Bouzas, nunha imaxe de arquivo
María Bouzas, nunha imaxe de arquivo

Fundadora de Compañía de Marías, interpretou os seus papeis máis coñecidos en series de televisión como 'Pratos combinados' ou 'Terra de Miranda'

A actriz María Bouzas será homenaxeada pola Academia Galega do Audiovisual (Aga) na gala dos Premios Mestre Mateo co Premio de Honra Fernando Rei de 2018 por ser unha "referencia ineludible para a televisión, o teatro e o cinema en Galicia".

Este galardón súmase a dous María Casares, cinco Mestre Mateo e un Premio da Cultura Galega que subliñan a relevancia da carreira da actriz, que presidiu a Aga entre 2006 e 2009, segundo informou este martes a Academia nun comunicado.

Natural de Mugardos, María Bouzas criouse en Suíza e, despois de estudar Maxisterio e Arte Dramática, o seu primeiro traballo artístico foi en 1987 da man de Mario Gas, que dirixiu O mozo que chegou de lonxe para o Centro Dramático Galego.

A actriz fundou con María Pujalte a súa propia compañía, chamada Compañía de Marías, aínda que interpretou os seus papeis máis populares na pequena pantalla como Charo, de Pratos combinados; Carmela, de Terra de Miranda ou a malvada Dona Francisca de O segredo de Ponte Vella.

María Bouzas recibirá o premio de honra da Academia Galega do...