viernes. 13.12.2019 |
El tiempo
viernes. 13.12.2019
El tiempo

Os María Casares xa teñen novo trofeo tras a súa 'ruptura' con Sargadelos

Paula Pereira e Iria Sobrado, co trofeo. EP
Paula Pereira e Iria Sobrado, co trofeo. EP

Asínao a ceramista Paula Pereira

A ceramista Paula Pereira, natural de Arcade, é a encargada de deseñar  o novo trofeo, que substituirá nesta vixésima terceira edición as tradicionais xerras de Sargadelos.

A xunta directiva anunciou o pasado mes de decembro a súa intención de prescindir das tradicionais figuras co rostro de María Casares asinadas por Sargadelos debido as "decisións empresarias e as declaracións ao respecto da acción sindical" da actual dirección do grupo.

Deste xeito, iníciase unha nova etapa nos Premios María Casares, que neste 2019 celebrarán a súa gala de entrega o vindeiro xoves 21 de febreiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

trofeos 1Paula Pereira foi a escollida pola Xunta Directiva da AAAG "tras consultar a diversos creadores e meditar sobre as diferentes propostas" que lle chegaron á asociación.

 A artista ofrece no novo trofeo unha interpretación da faciana de María Casares, na que a construción da peza parte dun achegamento artístico á súa mirada para crear unha suxestiva figura, na que destacan as cores azuis no esmaltado.  

Os María Casares xa teñen novo trofeo tras a súa 'ruptura' con...
Comentarios