María Marco Covelo gaña o Xerais coa súa primeira novela, ‘Coidadora’

O xurado valorou a obra da debutante por ser "distinta, atrevida e actual". Recoñeceu tamén a Antonio Fraga co Jules Verne por unha obra sobre uns amigos e a Andrea Maceiras, co Merlín
Imaxe de arquivo de María Marco Covelo. XERAIS
photo_camera Imaxe de arquivo de María Marco Covelo. XERAIS

María Marco Covelo gañou o premio Xerais de Novela coa obra Coidadora—a primeira obra que escribe—, ademais de abordar un tema de actualidade como o das coidadoras desde a perspectiva de alguén que coñece ese oficio o "excelente pulso narrativo" que fai partícipe a un lector "activo e interveniente" de "a angustia que, en ocasións, provoca a profesión".

"Presenta un traballo literario pouco convencional e arriscado. Unha novela distinta, atrevida, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, que dará moito que falar", destacou o tribunal sobre a proposta da autora, crítica de arte.

María Marco Covelo recoñeceu que, aínda que recibir este premio dálle "un pouco de vertixe", é unha "gran honra" e, sobre todo, un impulso para "investigar nas entrañas da súa escrita, para continuar alimentándoa e que floreza máis forte e bela". A escritora agradeceu ao xurado que apostase por unha historia "radical e chea de matices, de capas, de fragmentos de diversas realidades e tempos aos que se enfronta unha coidadora".

Fraga fala en Santoamaro sobre un grupo de adolescentes que se reúne na praia coruñesa tras rematar o bacherelato

A maiores de Marco Covelo, Antonio Manuel Fraga e Andrea Maceiras foron os gañadores, respectivamente, do Jules Verne de Literatura Xuvenil e do Premio Merlín de Literatura Infantil. Así o informou o xurado, que fixo público este venres, en Vigo, o ditame duns premios dotados, cada un, con 10.000 euros. As tres obras serán publicadas no vindeiron mes de abril. 

En Santoamaro, novela gañadora do Jules Verne, Antonio Manuel Fraga relata as relacións que se establecen entre un grAntonio Manuel Fragaupo de amigos que, tras terminar bacharelato, se reúnen todas as noites do verán na praia coruñesa de Santo Amaro. O autor profunda na evolución da súa personalidade, as súas preocupacións e os conflitos propios da idade adolescente.

O xurado destacou o estilo directo dunha narrativa presentada como unha función teatral e a linguaxe "próxima, clara e concisa con referentes actuais".

Antonio Manuel Fraga, enxeñeiro e gañador en 2013 do Merlín, subliñou a importancia "persoal" de recibir este premio xa que, con Santoamaro afastouse "daqueles espazos narrativos" nos que sente "cómodo" e porque ademais é a primeira novela que escribe sendo pai, o que implicou, tal e como recoñeceu, "unha revolución nos horarios e os tempos da escrita" 

Andrea MaceirasDoutra banda, A folla azul, de Andrea Maceiras (premio Merlín), narra en primeira persoa a historia dunha nena dun poboado amazónico que se ve obrigada a emprender unha viaxe para salvar o seu pobo. Durante a súa aventura descubrirá que, ademais da vida tranquila marcada polo ciclo da natureza que levaba na aldea, existe "un mundo que constitúe unha ameaza de morte para o seu modo de vida, pero que, asemade, bríndalle oportunidades para loitar por preservalo".

O xurado destacou da obra de Andrea Maceiras, filóloga e vencedora en 2015 do Jules Verne, o seu dominio da arquitectura da narración, así como o seu "profundo compromiso social".

A autora indicou que, aínda que a novela é anterior ao covid, "a fraxilidade de Husu, a protagonista, e da súa tribo, é a nosa. E o mesmo ocorre coa súa fortaleza". 

Comentarios