Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

Os membros da 'xeración Z' falan menos galego que os 'millennials'

Estudantes nunha facultade. XESÚS PONTE
Estudantes nunha facultade. XESÚS PONTE

Un estudo da RAG revela que os mozos teñen cada vez menos prexuízos negativos cara ao idioma

A xeración Z fala menos galego que a do milenio pero ten menos prexuízos negativos cara a este idioma, segundo sinala a Real Academia Galega (RAG) cuxo Seminario de Sociolingística elabora un proxecto sobre o uso do idioma na mocidade. 

O Seminario de Sociolingística da Real Academia Galega avanzou, segundo informa a institución, os resultados deste estudo nunha xornada en Barcelona. 

Neste traballo, abórdase como "o galego perde presenza como referente lingüístico familiar e na comunicación diaria das persoas nadas entre 1989 e 1999, pero rexístrase tamén entre elas un cambio na percepción social da lingua". 

"Aínda que segue habendo fortes prexuízos contra os trazos fonéticos e prosódicos propios do galego, comézase a asociar a lingua galega as valoracións máis positivas, relacionadas coa dimensión competencia-status social", explica.

PERCEPCIÓN SOCIAL. Estas valoracións máis positivas da lingua galega danse especialmente cando se acompaña dunha fonética e prosodia castelás, mentres que as percepcións sociais máis negativas asócianse á expresión en castelán con fonética galega, detalla Xaquín Loredo, membro do Seminario de Sociolingística da Real Academia Galega. 

O especialista participou este xoves nunhas xornadas do Instituto de Estudos Cataláns co relatorio Xeración Z e lingua: a importancia dos post-milenistas na sociolingística galega. Nela, expuxo un avance das análises nos que traballa a Academia co apoio da Deputación de Pontevedra. 

Os membros da 'xeración Z' falan menos galego que os 'millennials'