martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Miriam Rodríguez anuncia a data do lanzamento do seu primeiro disco

Miriam Rodríguez, coa súa nova tatuaxe. INSTAGRAM
Miriam Rodríguez, coa súa nova tatuaxe. INSTAGRAM

As entradas para os concertos da xira da artista eumesa estanse esgotando 

O primeiro e agardado disco de Miriam Rodríguez xa ten data de lanzamento: o 23 de novembro. A artista eumesa anunciouno este luns en redes sociais.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

El día 23 mis cicatrices serán vuestras

Una publicación compartida de Miriam Rodríguez (@miriamrmusic_) el

O primeiro traballo da terceira finalista de Operación Triunfo 2017, gravado en Los Ángeles, levará por título Cicatrices. A moza xa adiantou varias datas da súa xira e os seus seguidores apuraron a mercar as entradas, xa esgotadas en numerosas cidades como A Coruña, Vigo, Santiago, Madrid ou Xixón. 

EXITOSA CARREIRA. Desde a súa saída da Academia, a galega publicou dous singles. O primeiro foi Hay algo en mí, canción que forma parte da banda sonora da cuarta tempada de Vis a Vis, serie na que a cantante fai un cameo. 

Recentemente, Miriam Rodríguez estreou novo tema. Trátase de ¡No!, unha balada composta a medias co cantante Pablo López.

Miriam Rodríguez anuncia a data do lanzamento do seu primeiro disco
Comentarios