jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Morre o poeta Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía en 2013

Manuel Álvarez Torneiro. CABALAR
Manuel Álvarez Torneiro. CABALAR
O tamén xornalista tiña 87 anos

O xornalista e poeta Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) faleceu este martes aos 87 anos de idade. Malia o seu debut tardío, a súa traxectoria inclúe numerosos poemarios. Polo último, Os ángulos da brasa, recibiu o Premio Nacional de Poesía 2013.

Outros títulos da súa obra son o do seu debut, Memoria dun silencio (1982), Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío), Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica Española) e Campo segado (2001). 

Os ángulos da brasa (Kalandraka), ademais de ser recoñecido co Premio Nacional de Poesía que concede o Ministerio de Cultura, tamén obtivo o Premio da Crítica Española 2012, o Ánxel Casal de Poesía 2012 e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2013.

Como xornalista, Álvarez Torneiro traballou moitos anos vencellado ao xornal La Voz de Galicia.

Morre o poeta Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía en...
Comentarios