Novedades Carminha son tíos... dun tenreiro da Ulloa

Unha vaca da explotación de Monterroso foi bautizada co nome da banda. Agora pariu e o grupo santiagués envórcanse nas redes co acontecemento

La vaca Novedades Carminha, que le ha dado un sobrino a la banda homónima. INSTAGRAM
photo_camera La vaca Novedades Carminha, que le ha dado un sobrino a la banda homónima. INSTAGRAM

Novedades Carminha foron tíos. E a criatura é un tenreiro. O grupo santiagués que triunfa en toda España mesmo lanzou un brainstorming nas súas redes sociais para buscarlle nome ao seu vacún sobriño, nacido este luns pola tarde en Granxa Maruxa, no corazón da Ulloa. Hai algo que non lles cadra? 

Vale, a explicación dáa a banda liderada por Carlangas na súa conta de Instagram. Os responsables da explotación ecolóxica de Monterroso bautizaron como Novedades Carminha a unha das súas vacas cando naceu. E agora deu a luz. Por iso os creadores de éxitos como Cariñito ou Verbena se implicaron coa súa recentemente estreada condición de tíos.

 

Comentarios