La Pegatina, La M.O.D.A., Sés, Zoo e Boikot, no SonRías Baixas de Bueu

Os asistentes gozarán dunha vintena de concertos
Público entrengado na edición do Sorrías de 2017. RAFA FARIÑA
photo_camera Público entrengado na edición do SonRías de 2017. RAFA FARIÑA

La Pegatina, La M.O.D.A., Sés, Zoo e Boikot serán as cabezas de cartel da decimoséptima edición do festival SonRías Baixas, que se celebrará en Bueu entre os días 1 e 3 de agosto.

O festival, que inclúe unha vintena de concertos, contará tamén con Toteking, Iseo & Dodosound with the Mousehunters, Zea Mays, Nave, Dakidarría, Hakuna Tanaka, Som do Galpóm, Nius de nit, Ambigüo, Segismundo Toxicómano, Periferia Norte, Muyayo Rif ou a banda bosníaca Dubioza Kolektiv.

Na súa presentación, o director do SonRías Baixas, Jordi Lauren, destacou que nesta edición o festival quere abrirse a todas as persoas que queiran gozar dunha "experiencia cultural completa", na que a música será "o fío condutor".

A través dela, sinalou Lauren, os asistentes poderán probar a gastronomía das Rías Baixas, participar en catas enológicas, explorar as paraxes naturais a través de rutas de turismo activo ou descansar nas praias da zona.

O festival, engadiu, celébrase nunha contorna "urbana" e resulta "cómodo e seguro" como primeiro festival para os máis novos.

O Sorrías Baixas, que reivindica ser festival de referencia do noroeste peninsular dentro da escena do rock en español e da fusión mediterránea, atraeu na súa edición de 2018 a máis de 21.000 persoas e xerou un impacto económico de 1,14 millóns de euros.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, destacou que o festival é un "proxecto cultural" que achega aos asistentes "moito máis que cultura" e supón un "importante" atractivo para toda a comarca do Morrazo.

Comentarios