sábado. 07.12.2019 |
El tiempo
sábado. 07.12.2019
El tiempo

A RAG adicará o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres

Xohana Torres.AEP
Xohana Torres.AEP

Autores de distintas xeración lerán fragmentos da súa obra nun acto literario e musical

A Real Academia Galega (RAG) organizou para este mércores, con motivo do Día Mundial da Poesía, unha homenaxe á escritora e académica Xohana Torres, falecida o pasado mes de setembro.

Segundo informa, será nun acto literario e musical, a partir das 19.30 horas, no que poetas de distintas xeracións e amigos da autora lerán e comentarán "desde unha perspectiva persoal" fragmentos da súa obra. No acto, está prevista a intervención da filla de Xohana Torres, Andrea Ellacuría.

Tamara Andrés, Xosé Manuel Beiras, Berta Dávila, Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo, Carlos Negro, Ánxeles Penas, Luz Pozo Garza, Ismael Ramos, Ánxela Abalo, Gustavo Pernas e Euloxio Ruibal recitarán e comentarán partes das obras de Xohana Torres.

Tras a apertura do acto a cargo do presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, presentarase o programa desta homenaxe que incluirá recitais e actuacións musicais, ademais de dedicar unha parte a lembrar a figura de Xohana Torres. 

A RAG adicará o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres
Comentarios