viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

A RAG anuncia as seis candidatas a converterse en Palabra do Ano 2020

Finalistas a palabra do ano. RAG
Finalistas a palabra do ano. RAG
Os usuarios poderán escoller ata o 25 de decembro entre gromo, máscara, nós, pandemia, seteiro ou vacina.

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abriron a fase de votación popular telemática que decidirá cal deste seis será a Palabra do Ano 2020: gromo, máscara, nós, pandemia, seteiro ou vacina

Nun comunicado, a institución explicou que os seguidores do Portal das Palabras poderán escoller até as 23.59 horas do 25 de decembro entre os termos que resultaron finalistas na primeira fase de recollida de suxestións, na que participaron máis de 5.500 persoas. 

A RAG destaca que, como era de esperar, moitas das propostas recibidas teñen que ver coa situación sanitaria que se rexistra a nivel mundial debido á propagación do SARS-CoV-2. 

Con todo, apunta que tamén hai quen prefire centrarse nalgunhas das cousas boas deste ano e celebrar efemérides destacadas, como o centenario da Xeración Nós; ou evadirse e animar a coñecer mellor o ceo e os seus nomes, como suxire a presenza entre as finalistas de seteiro, unha das formas de chamarlle á constelación que na nomenclatura latina desígnase como Sagittarius. 

Gromo, máscara e pandemia son tres exemplos destacados das múltiples palabras presentes nos dicionarios que gañaron nos últimos meses un novo significado na vida cotiá e mesmo nas obras lexicográficas por mor da pandemia.

PROXECTO NOVAS VOCES PARA A LINGUA. Por outra banda, a Real Academia Galega (RAG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) puxeron en marcha o proxecto Novas voces para a lingua co obxectivo de conectar aos mozos co idioma galego. 

Precisamente, no marco deste proxecto, a Academia acolleu a presentación da serie Conseguiremos, cinco capítulos a favor do uso e da difusión da lingua galega protagonizados pola futbolista Verónica Boquete, os músicos Alejandro Guillán Baiuca e Laura Lamontagne, o director de cinema Andrés Goteira, as actrices da Panadaría Teatro e a divulgadora científica Iria Veiga, acompañada polo doutor Ángel Carracedo, en diálogo con mozos para os que son referentes. 

O primeiro capítulo, protagonizado pola futbolista Verónica Boquete no estadio que leva o seu nome en Santiago de Compostela xa pode verse no espazo dedicado ao audiovisual que estrea este xoves a web da RAG. 

A RAG anuncia as seis candidatas a converterse en Palabra do Ano 2020
Comentarios