Sábado. 16.02.2019 |
El tiempo
Sábado. 16.02.2019
El tiempo

A RAG e PuntoGal convocan o segundo certame de microrrelatos en galego

Darío Janeiro, Víctor F. Freixanes e Manuel González na presentación da nova edición do concurso de microrrelatos. RAG
Darío Janeiro, Víctor F. Freixanes e Manuel González na presentación da nova edición do concurso de microrrelatos. RAG

O obxectivo é "reforzar" a presenza da lingua en internet. O prazo de presentación dos textos permanecerá aberto durante o mes de febreiro 

A Real Academia Galega (RAG) e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos que ten como obxectivo "reforzar" a presenza do galego no mundo dixital. 

O presidente da RAG, Victor F. Freixanes, e o presidente e director xeral de PuntoGal, Manuel González e Darío Janeiro, respectivamente; presentaron en rolda de prensa esta segunda convocatoria, coa que esperan repetir ou ata mellorar o éxito de participación da primeira edición, que sumou case 400 orixinais. 

O presidente da RAG destacou que o futuro da lingua galega pasa por "estar presente nas novas tecnolóxicas". Mentres, o presidente de PuntoGal sinalou que esta asociación "leva no seu ADN" a promoción e difusión do galego. 

Para esta segunda edición, o prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro, coincidindo cunha campaña de promoción de PuntoGal que permitirá rexistrar un dominio '.gal' para dous anos a un prezo de 15 euros. 

Nesta ocasión repartiranse 9 premios -tecnolóxicos e relacionados coa lectura-, tres en cada unha das categorías distribuída por idades (infantil, xuvenil e adulta). Os interesados poden consultar as bases da promoción aquí. 

A RAG e PuntoGal convocan o segundo certame de microrrelatos en galego
Comentarios