A realidade virtual reconstrúe a Castelao no seu discurso 'Alba de Gloria'

A exposición afonda, con ferramentas innovadoras, nun texto "descoñecido" que cumpre 70 anos

Momento da Presentación da mostra 'Alba de Gloria'.EP
photo_camera Momento da Presentación da mostra 'Alba de Gloria'.EP

O histórico discurso Alba de Gloria de Castelao, o último que o ilustre galeguista pronunciou en vida e que este ano cumpre o seu 70 aniversario, protagoniza a última exposición do Consello da Cultura Galega, que realiza unha aproximación "única" e "emocional" ao texto empregando novas ferramentas, entre elas unha "reconstrución" con realidade virtual.

Foi o 25 de xullo de 1948, Día de Galicia, cando Castelao pronunciou en Bos Aires o que sería o seu último discurso público, unha intervención multitudinaria na que recompilaba unha santa compaña de personaxes ilustres da historia galega e lanzaba unha mensaxe de "esperanza e de futuro".

"A gran fortaleza do discurso é esa, a mensaxe de futuro", explica Manuel Gago, comisario da mostra e a persona que capitaneou esta inmersión milimétrica no discurso e na figura do Castelao dos 40.

E isto é así porque cando Castelao pronuncia este discurso "sabe que probablemente non volverá a Galicia" e é consciente do débil da súa saúde, a pesar do que traslada aos oíntes unha mensaxe "de futuro" que emocionou ao seu auditorio. A intención desta exposición é trasladar a emoción ao presente.

Para iso, a mostra, que alberga a Igrexa de San Domingos de Bonaval –onde se sitúa o Panteón de Galegos Ilustres no que repousan os restos do artista– arrinca dunha recapitulación do momento no que foi escrita a Alba de Gloria, marcada pola Guerra Civil, o exilio e a emigración.

Ademais, dedica un apartado a Bos Aires como "epicentro da cultura galega da época", ás cartas de Castelao e ás súas fontes. "Non queriamos unha aproximación unicamente histórica, se non global, a todo o contexto", dixo Gago.

NOVAS TECNOLOXÍAS E INMERSIÓN

Uno dos puntos que fan desta mostra algo "diferente" é a súa aposta polas novas tecnoloxías e os recursos máis aló das exposicións tradicionais. O obxectivo é que o visitante poida realizar unha "inmersión" no discurso e a súa época para alcanzar "novos públicos", unha aposta polo progreso que realizaba o propio Castelao.

Así, pode escoitarse a única gravación existente da voz de Castelao, unha recreación fonolóxica do discurso Alba de Gloria e discursos dos coetáneos, coñecer a santa compaña de personaxes históricos do autor e profundar en elementos da cultura galega sinalados por Castelao.

Como conclusión, a mostra ofrece ao visitante a posibilidade de interactuar directamente cunha reconstrución fiel do propio Castelao realizada a través da realidade aumentada e coa que poderá achegarse de forma definitiva a este "descoñecido" discurso que supón un dos elementos craves da cultura galega. 

Comentarios