domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Rodrigo Sorogoyen "ten en proxecto" rodar unha película en Galicia con Luis Zahera

Alfonso Pato, Carlos Blanco, Leonor Watling y Rodrigo Sorogoyen, en el Festival de Can. EFE
Alfonso Pato, Carlos Blanco, Leonor Watling y Rodrigo Sorogoyen, en el Festival de Can. EFE

O director de 'El Reino' avanza no Festival de Cans que se rodará nunha aldea de Ourense "por localizar"

O director Rodrigo Sorogoyen, premiado pola película El Reino, ten "en proxecto" rodar en Galicia e contar de novo co actor Luis Zahera no reparto. Avanzouno no escenario Estrella Galicia do Festival de Cans, no Porriño, acompañado do propio Zahera e do director do certame, Alfonso Pato, ao apuntar que "ten en mente" a idea dunha película "que se gravará nunha aldea de Ourense, que aínda está por localizar". 

"Tratará sobre unha parella de estranxeiros que veñen vivir aquí, con dous personaxes galegos moi potentes, un deles é de Goya e ofrecinllo a Zahera", desvelou. 

O director confesou como viviu os seus dous últimos anos, nos que a súa fama foi en ascenso. "Foi unha tolemia, sobre todo o tempo que pasou entre a rodaxe de El Reino e da curtametraxe Madre. O meu equipo e eu tivemos moita sorte de que as dúas pezas gustasen tanto, recibín moi boas palabras do público e iso alégrame moito e dáme forzas para seguir traballando. Este tempo foi unha nebulosa, non me acordo moito de estar no Festival de San Sebastián nin dos Óscar". 

Tamén explicou que a primeira idea que quería transmitir con El Reino era mostrar como actúan os políticos das altas esferas, pero o guión que Sorogoyen realizou con Isabel Peña acabou dando un xiro ata centrarse nun político dun rango menor, co obxectivo de que o espectador empatizara coa figura do corrupto. 

Xunto a Sorogoyen estivo Luis Zahera, que gañou o premio Goya ao mellor actor secundario por El Reino e que definiu o realizador madrileño como "un director distinto", un "director de contacto", porque é o autor do texto e coñéceo moi ben", polo que "ten outras dinámicas". 

Zahera non ocultou a súa satisfacción por obter o premio Goya: "Gañar un Goya ten o que lle chamo o factor surfeiro, cando colles unha boa onda". 

ESTRELAS. Sorogoyen foi un dos distinguidos cunha das estrelas do paseo da fama do Festival de Cans, xunto aos actores Carlos Blanco e Leonor Watling.

Rodrigo Sorogoyen "ten en proxecto" rodar unha película en Galicia...
Comentarios