jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Sabela volve a casa arroupada polos seus nas Pontes

A finalista de Operación Triunfo recibe unha multitudinaria benvida por parte dos seus veciños das Pontes e actuou para eles diante do Concello

O Concello das Pontes recibiu á súa veciña Sabela Ramil cunha calorosa benvida logo do seu paso polo concurso de Operación Triunfo, no que foi finalista.

As portas do Consistorio abríronse para a cantante nunha recepción na que o alcalde, Valentín González Formoso, invítoa a deixar a súa pegada no libro de firmas do Concello neste aclamado regreso á súa vila natal.

Tras iso, Sabela asomouse ao balcón da Casa Consistorial para saudar aos miles de fans que a esperaban no Parque Municipal e que xunto a ela gritaron "Then Polka", en alusión a un meme xudido entre os seus seguidores durante o concurso. A artista aproveitou a ocasión para agradecer aos seus veciños a súa implicación ao que estes responderon con berros de Sabela "gañadora". Entón recordou a súa traxectoria como cantante nas Pontes, na "Banda de Música" e o seu paso polas patronais da Fraga e alentou os seus veciños a seguir "os seus soños".

A finalista de OT animouse a dar un concerto para vos seus seguidores nas portas do Consistorio no que interpretou algúns temas populares, como A Sementeira.

Sabela volve a casa arroupada polos seus nas Pontes
Comentarios