Esgotadas as primeiras entradas para o Resurrection Fest

Os bonos Pandemonium foron os primeiros en venderse
Confirmación de nuevos grupos para el Resurrection. EP
photo_camera Os principais grupos confirmados polo momento para a vindeira edición do Resurrection Fest. EP

Os primeiros 14.000 abonos da edición 2020 do Resurrection Fest, que se celebrará no municipio lucense de Viveiro entre os días 1 e 4 de xullo, puxéronse á venda este martes -1 de outubro- para esgotarse en só unhas horas.

Nesta edición os gran reclamos do festival é a banda californiana System of a Down, aínda que tamén se sumaron ao programa desta nova edición bandas emblemáticas, como Judas Priest, dentro da xira do seu cincuenta aniversario, ou Korn, coa única actuación programada no noso país en 2020.

Tamén forman parte do cartel de 'Resu' Lionheart, Hamlet, Meshuggah -tamén con único directo nun festival español-, Beyond The Black, Elder, Our Hollow, Our Home, Cannibal Grandpa, Belvedere, Dark Funeral, Sepultura, Onza, The Atomic Bitchwax, Thirteen Bled Promises, Dagoba, Amenra, Blowfuse, Heaven Shall Burn, Vita Imana, Knocked Loose, Jinjer e Madball.

A décimo cuarta edición deste festival pechouse o pasado mes de xullo con máis de 100.000 asistentes, segundo informou a propia organización.

Polo momento puxéronse á venda 14.000 bonos para catro modalidades de entradas, tratábase de bonos de 3 a 4 días que oscilan entre os 155 e os 235 euros. As chamadas Pandemonium, que dan acceso a zonas VIP das instalacións, foron as primeiras en venderse.

Comentarios