domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Segismundo Toxicómano, Nao, Dakidarría e Boikot actuarán no SonRías Baixas

Os integrantes de Boikot. FACEBOOK
Os integrantes de Boikot. FACEBOOK

O festival morracense anunciou novos nomes para a edición deste ano

O SonRías Baixas vén de anunciar novos nomes do cartel da vindeira edición. Segismundo Toxicómano, Nao, Dakidarría, Boikot e Periferia Norte subiranse ao escenario do festival de Bueu os días 1, 2 e 3 de agosto.

Estas bandas, das máis destacadas na escena alternativa do Estado, súmanse ás xa anunciadas o pasado mes de xaneiro: La Pegatina, La Maravillosa Orquesta del Alcohol (La M.O.D.A.), Muyayo Rif, Zea mays e ZOO.

As entradas para o festival están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 31 euros máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.

Segismundo Toxicómano, Nao, Dakidarría e Boikot actuarán no SonRías...
Comentarios