Sés apraza o seu concerto de Narón por motivos de saúde

A cita posponse ata o 12 de maio

Sés, durante un concerto. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Sés, durante un concerto. VICTORIA RODRÍGUEZ

A cantante galega Sés aprazou o concerto fixado para o próximo 27 de xaneiro en Narón, que ía servir de inicio para a súa xira, por motivos de saúde.

Así o comunicaron este mércores responsables da firma Komukika Kultura, que avanzaron que a nova data será o sábado 12 de maio. A cita, como xa estaba previsto, celebrarase no Pazo da Cultura naronés, sendo válidas para a mesma as entradas adquiridas para o recital agora suspendido.

"As persoas que desexen que se lle reintegre o diñeiro poderán facelo en calquera dos puntos de venda", sinalaron. Con esta xira, a cantautora coruñesa presentará o seu quinto traballo discográfico, Readmirando a condición. Inclúe, xunto ao de Narón, eventos na Coruña, os días 24 e 25 de febreiro; Barcelona, o 1 de marzo próximo; Madrid, o 13 de marzo, e Bilbao, o 20 de abril. 

 

Comentarios