domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

A SGAE denuncia a Sabina, Alejandro Sanz e Pau Donés por supostas irregularidades

Alejandro Sanz. ARCHIVO
Alejandro Sanz. ARCHIVO

A entidade puxo os feitos en coñecemento das autoridades para que se inicie unha investigación 

O Consello de Dirección da SGAE acordou por unanimidade presentar unha denuncia ante a Administración, tras ter coñecemento de supostas "irregularidades" que poden afectar a persoas xurídicas que son socias da entidade. Entre os denunciados están artistas como Joaquín Sabina, Alejandro Sanz ou Pau Donés, entre outros, segundo informa El Mundo.

O Consello de Dirección tomou esta decisión "en exercicio da súa responsabilidade e para salvagardar os intereses da entidade", segundo informou a propia entidade nun comunicado.

"A decisión de pór os feitos en coñecemento das autoridades competentes prodúcese logo de constatar, previa consulta aos servizos xurídicos internos de SGAE, que dita actuación pode ser contraria a Dereito a propia normativa interna da SGAE", sinalou. 

A entidade reiterou que "non prexulga os feitos, senón que se limita a trasladalos ás autoridades competentes" para que inicien a investigación correspondente e determinen se os feitos denunciados son constitutivos de infracción.

A SGAE denuncia a Sabina, Alejandro Sanz e Pau Donés por supostas...
Comentarios