Desde a Casa

David Amor: "As tiras cómicas de Mafalda ou Castelao axudan a aprender"

David Amor. EP
photo_camera David Amor. EP

→ Unha película
Un profeta, do ano 2009. É a primeira película do actor Tahar Rahim….impactoume moito. É moi recomendable vela en versión orixinal.

→ Unha serie
Capítulo 0. Para min é un modelo da dignificación da comedia. É unha declaración de amor ao humor e ás cousas que están ben feitas.

→ Un libro
Polaroid de Suso de Toro. É un libro moi entretido, e que nalgún caso arranca unha boa gargallada.

→ Un disco
As catedrais silenciadas de Xabier Díaz. Digo este álbum porque é o último que publicou. Pero calquera
onde esté a cantar Xabier é un agasallo…..

→ Outra alternativa (cómic, exposición de pintura, canle de You Tube, videoxogo,...)
Tiras cómicas!!!! As de Mafalda que facía Quino, as que debuxaba Forges e, por suposto, as de Castelao…as tiras cómicas son o que mellor nos axuda a aprender algo nestes tempos que vivimos

Comentarios