Within Temptation ou Cradle of Filth, entre as 30 novas bandas que confirma o Resurrection

Os organizadores do evento anunciarán a cabeza do cartel o vindeiro martes

Asistentes al Resurrection Fest 2018. IRIA LV
photo_camera Asistentes ao Resurrection Fest 2018. IRIA LV

O Resurrection Fest volveu a sementar a sorpresa e a emoción este martes nas redes sociais co anuncio das 30 novas bandas que actuarán en Viveiro o próximo ano e que haberá que engadir o vindeiro martes a cabeza do cartel.

Unha trintena de grupos que se unen aos xa revelados anteriormente,  Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak ou While She Sleeps.

Así, actuarán no 'Resu' Within Temptation, unha das bandas de metal sinfónico máis importantes de Europa, os impoñentes Cradle of Filth ou unha das principais bandas de metalcore a nivel mundial, As I Lay Dying, que será a primeira vez que visiten España

Outras bandan que deleitarán aos asistentes serán Cult of Luna, nunha das súas poucas actuacións a nivel mundial en 2019, os suecos Avatar ou Converge, que presentarán o seu último traballo en Viveiro.

Un dos pais do stoner, Brant Bjork, tamén asistirá á cita xunto a Ignite, Misery Index ou Power Trip.

Ademais, Colour Haze faralles menear o pescozo aos 'resus', Nasty asegura que o seu concerto será brutal e Radio Moscow traerá o seu psicodelia.

Desde Nova Zelandia, chegará a nova banda Alien Weaponry, cantando en maorí, e os xaponeses Crystal Lake repetirán un ano máis.

No apartado internacional, pechan as confirmacións Cane Hill, Venom Prison e Higher Power e Miss Lava, desde Portugal.

En relación ao ámbito estatal, o Resurrection Fest 2019 contará con strong<> Altarage, Leo JiménezCeltibeerian, Trallery, Strikeback, Atavismo, Santo Rostro, que tiveron mala sorte o ano pasado debido aos cambios de horarios, Main Line 10, os coruñeses punk-rockers de Morgen, Meltdown e Megara.

SUBIDA DO PREZO DAS ENTRADAS. O actual prezo das entradas (115 euros + gastos) manterase ata o vindeiro domingo ás 23.59 horas, a partir dese momento aumentarán o seu custo.

Comentarios