A xira mundial de Lenny Kravitz pasará pola Coruña

As entradas poranse á venda xeral o mércores 30 de outubro ás 10:00 horas
Lenny Kravitz. EFE
photo_camera Lenny Kravitz. EFE

Lenny Kravitz anuncia nova xira mundial con parada no Coliseum da Coruña o próximo 26 de xullo de 2020 para presentar o seu novo álbum, Raise vibration

As entradas poranse á venda xeral o mércores 30 de outubro ás 10:00 horas a través de Livenation.es, Ticketmaster, El Corte Inglés e Ticketea. Antes, haberá unha preventa en Livenation.es desde as 10:00 horas do luns 28 de outubro. 

Coñecido polas súas enérxicas actuacións, "este espectáculo promete manter o seu legado en directo unha vez máis", subliñan nun comunicado, que engade que "Lenny Kravitz eleva a unión do rock'n'roll, funk, blues e o soul unha vez máis no seu undécimo álbum". 

Ademais, o músico estadounidense actuará tamén no Marenostrum Castle Park de Fuengirola (Málaga) o 23 de xullo, con entradas xa á venda en clicktaquilla.com. 

Comentarios