martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

A xornalista Marta Veiga modera a sesión inaugural do ciclo 'Escaramuzas artísticas'

José María Besteiro, Olga Osorio, Noemi Chantada e Camila Bossa debatirán sobre a presenza femenina no sector audiovisual na primeira sesión de 'Escaramuzas artísticas'. @TuitsDaAAAG
José María Besteiro, Olga Osorio, Noemi Chantada e Camila Bossa debatirán sobre a presenza femenina no sector audiovisual na primeira sesión de 'Escaramuzas artísticas'. @TuitsDaAAAG

'Ten cona o audiovisual galego?' é o título do primeiro encontro dunha serie de debates organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia ► Olga Osorio, Noemi Chantada, Camila Bossa e José María Besteiro tratarán a presenza feminina no sector o vindeiro mércores no Auditorio de Galicia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) iniciará o vindeiro mércores 30 de maio a súa iniciativa Escaramuzas artísticas, unha serie de encontros de debate de periodicidade mensual en que reputadas voces especializadas nos sectores do audiovisual e da escena intercambiarán os seus puntos de vista ao respecto de diferentes temas que atinxan aos/ás profesionais destas disciplinas.

As Escaramuzas artísticas, ademais, buscan ir máis aló dos tradicionais coloquios, rompendo as habituais distancias das mesas redondas e achegando un ambiente distendido e participativo.

Esta sesión inaugural, baixo o título de Ten cona o audiovisual galego?, estará moderada pola xornalista Marta Veiga e contará coa participación das realizadoras Olga Osorio e Noemi Chantada, a actriz e asociada Camila Bossa e o produtor José María Besteiro. O Auditorio de Galicia acollerá dita cita o vindeiro mércores 30 de maio ás 20.00 horas na que se analizará o traballo e o recoñecemento das profesionais nas producións audiovisuais. Ademais, farase fincapé en aspectos clave como son a visibilidade, a igualdade profesional ou a perspectiva de xénero nos argumentos das producións audiovisuais, dende as series até o cine, pasando polas curtametraxes, documentais ou os festivais.

Deste xeito, durante as Escaramuzas combinaranse as opinións dos poñentes
cos apuntamentos realizados por parte do público nun contexto ameno, arredado dos
espazos académicos. O ciclo, que está destinado tanto ás persoas vinculadas ao sector como ao público xeral, será de entrada de balde ata completar aforo.

Algo máis sobre os poñentes desta primeria sesión 

Olga Osorio é unha recoñecida produtora, guionista e directora audiovisual. Entre as súas producións, destacan curtas e producións audiovisuais como son Mouras, reStar ou Einstein-Rosen. Pola súa banda, Noemi Chantada traballou en proxectos de cine como A Bella Otero ou Nove, a cociña do mundo, ademais de amosar o seu traballo en dirección de fotografía e a cámara en traballos como Espírito Rías Baixas ou Vigo in London. Como directora realizou o documental A muller invisible.

Camila Bossa é actriz e asociada da AAAG, coñecida polo gran público polos
seus papeis en series como Mareas Vivas ou Matalobos. Formou parte de elencos de películas e telemovies como O ano da carracha, Heroína ou O club da calceta.

Finalmente, José María Besteiro é produtor, xestor de dereitos e xornalista
audiovisual. Como produtor, lanzou series de impacto televisivo como son Libro de
Familia
ou Pazo de Familia.

A xornalista Marta Veiga modera a sesión inaugural do ciclo...
Comentarios