Martes. 18.12.2018 |
El tiempo
Martes. 18.12.2018
El tiempo

O xurado declara deserto o Blanco Amor de novela

Reunión do xurado do XXXVI Premio Blanco Amor de novela. EP
Reunión do xurado do XXXVI Premio Blanco Amor de novela. EP

"Ningún dos vinte orixinais presentados alcanza a calidade literaria necesaria", explica

O xurado do XXXVI Premio Blanco Amor de novela longa, reunido este sábado no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, acordou declarar deserta a presente edición. 

A acta do xurado recolle que, unha vez concluída a deliberación, consideran que "ningún do vinte orixinais presentados alcanza a calidade literaria necesaria para ser premiado". 

"Sabedores do prestixio e traxectoria do galardón, somos conscientes de que un premio que leva o nome de Eduardo Blanco Amor debe procurar, como único obxectivo, a excelencia literaria", apuntan. 

O xurado estivo integrado por Luís González Tosar, presidente; Alba Cid Fernández, secretaria, e, como vogais, Xosé Carlos Caneiro, César Lorenzo Gil e Montse Pena Presas. 

O xurado declara deserto o Blanco Amor de novela
Comentarios