sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Zara lanza unha colección de roupa baseada nos caligramas de Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra
Uxío Novoneyra
A multinacional inspirouse na obra do poeta lucense para crear dúas camisetas e un gorro

"Din os soños i os paxaros: a morte non é certo!". Estas son as verbas que Uxío Novoneyra plasmou nun caligrama e que Zara recuperou agora para elaborar unha colección de roupa masculina.

Cando pasaron noventa anos do nacemento do escritor do Courel, a empresa galega bota man da súa arte visual para confeccionar dúas camisetas (ambas do mesmo prezo, 19,95 euros) e un gorro (12,95 euros) nos que se reflicte a propia caligrafía do autor en cor negra. Esta composición foi extraída da obra Poemas caligráficos, publicada por Novoneyra en 1979. Con todo, esta non é a primeira vez que Amancio Ortega produce algunha colección de roupa vinculada a Galicia.

colección novoneyra

Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel, 1930- Santiago de Compostela, 1999)
Uxío NovoneyraUxío Novoneyra, nome literario de Eugenio Novo Neira, foi un dos poetas e escritores galegos máis relevantes. Fillo dunha familia campesiña, naceu en Folgoso de Courel, lugar que sería o referente físico para moitas das súas creacións.  

Algunha das súas obras máis coñecidas son Os Eidos, Elexías do Courel e outros poemasPoemas caligráficos e Muller pra lonxe.

Ademais, no 2010 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas, decisión tomada por unanimidade ao consideralo un "excelente poeta, galeguista e profundamente democrático". 

Zara lanza unha colección de roupa baseada nos caligramas de Uxío...
Comentarios