Jueves. 24.05.2018 |
El tiempo
Jueves. 24.05.2018
El tiempo

Cañita Brava: "O Deportivo está case en Segunda división cun pé... por non pór o segundo pé"

O cómico mostra o seu descontento co presidente do Deportivo da Coruña e os xogadores do club polo seu mal rendemento

O humorista coruñés Cañita Brava volve sorprender para dar un tirón de orellas á directiva e xogadores do equipo das súas paixóns, o Deportivo da Coruña.

Cañita, visiblemente molesto, fixo gala da súa peculiar desenvoltura ao ser preguntado a pé de rúa sobre a grave situación do club coruñés, actualmente en postos de descenso, tras perder por 5-0 en Anoeta o pasado venres.

"Tino (Fernández) enganounos botando a Fernando Vázquez por unha polémica", arrinca a estrela de El Semáforo ante a cámara do móbil dun afeccionado, que gravou as declaracións difundidas pola conta de Twitter @DeporCoruna. "...e agora o Deportivo está case en Segunda división cun pé, por non pór o segundo pé", advertía.

Por iso, Cañita recomenda ao presidente deportivista "meter unha multa aos xogadores, se non, o responsable é el dos males do Deportivo", sentenciaba.

O exfutbolista holandés Clarence Seedorf chegou este luns á Coruña, tras a distitución de Cristóbal Parralo, para facerse cargo do banco branquiazul e tratar de salvar a situación que atravesa o equipo.

Cañita Brava: "O Deportivo está case en Segunda división cun pé......