O Celta ficha ao lateral Lucas Olaza

O xogador uruguaio vén da Boca Juniors e xa militou no conxunto celeste na tempada 2015-16

Lucas Olaza. TWITTER (@lucasolaza)
photo_camera Lucas Olaza. TWITTER (@lucasolaza)

O lateral esquerdo uruguaio Lucas Olaza converterase na segunda fichaxe invernal do Celtade Vigo se mañá, mércores, supera o recoñecemento médico ao que será sometido á súa chegada á cidade galega, informaron a Efe fontes próximas á operación.

O defensa, que procede de Boca Juniors, xa coñece o Celta, pois a tempada 2015-16 militou na filial. Ocupará a praza do eslovaco Robert Mazan, cedido ao Venezia, e pelexará pola titularidade con David Juncá.

Coa chegada de Olaza, a dirección deportiva cobre unha das posicións que demandara reforzar o técnico portugués Miguel Cardoso. Agora os esforzos céntranse en buscar un dianteiro centro ou un xogador de banda. 

Comentarios