O Celta inaugurará a súa sede a ritmo de 'Operación Triunfo'

Obras en la nueva sede del Celta. TWITTER
photo_camera Obras en la nueva sede del Celta. TWITTER

O RC Celta inaugurará este sábado 17 de marzo a súa nova sede de Rúa do Príncipe cunha xornada festiva chea de música e animación. Entre as actuacións previstas figuran as dos triunfiños Roi Méndez e Luís Cepeda.

A xornada arrincará xa ás 12.00 horas, aínda que o prato forte chegará ás 19.00 horas baixo a presentación do actor Javier Veiga. Ademais de Roi e Cepeda actuarán tamén a viguesa Wöyza, o gaiteiro Budiño, Miguel Costas e, como peche, DJ Lagartija.

Ademais, o club sortea entre os seus abonados 12 entradas para un acústico de Roi, Cepeda e Miriam que terá lugar ás 22.30 no Salón Rexio da Sede.