O Celta queda sen porteiros

Sergio Álvarez fará compañía a Rubén Blanco na enfermería celeste
El portero de la primera plantilla, Sergio Álvarez. OLIVIER HOSLET
photo_camera O porteiro celeste, Sergio Álvarez. OLIVIER HOSLET

O porteiro do Celta de Vigo Sergio Álvarez sofre unha rotura fibrilar de grao I no recto anterior da coxa dereita, polo que será baixa para o dobre amigable que o seu equipo disputará esta semana contra a Unión Berlín.

As probas médicas que lle realizaron nas últimas horas, segundo revelou o club vigués nun comunicado de prensa, confirmaron o alcance da lesión, aínda que de momento descoñécese o tempo que deberá permanecer de baixa.

No entanto, parece difícil que o canteirán chegue a tempo para medirse ao Real Madrid na primeira xornada de Liga.

Complícase a comparecencia de Álvarez no primeiro partido de Liga ante o Real Madrid

A súa lesión únese á do outro porteiro do primeiro plantel, Rubén Blanco, que sufriu o pasado 18 de xullo unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito que lle impediu disputar os dous primeiros amigables da pretemporada.

O internacional sub21 empezou a realizar traballo de campo pero aínda non ten a alta médica, polo que Fran Escribá terá que recorrer aos porteiros do filial -Iván Villar e Fran Vieites- para os dous amigables que o seu equipo xogará venres e sábado contra o Unión Berlín.

Comentarios