Dapena denuncia ameazas de morte por parte de seguidores de Maradona

A futbolista recibiu insultos, sobre todo por parte de "homes arxentinos", por negarse a homenaxear ao futbolista falecido
Dapena, durante la entrevista con TV3
photo_camera Dapena, durante a entrevista con TV3. YOUTUBE

A futbolista Paula Dapena, que se viralizou o pasado fin de semana por negarse a participar no minuto de silencio que se gardou pola morte de Diego Armando Maradona no partido que enfrontou ao seu equipo, o Interrías, co Deportivo, denunciou ameazas de morte por parte dalgúns dos seguidores do futbolista arxentino. 

"Recibín moito apoio en redes sociais e moito agarimo, pero tamén recibín ameazas de morte tanto eu como algunhas das miñas compañeiras de equipo", explicaba Dapena nunha entrevista con TV3. 

A futbolista pontevedresa insistiu en que gardar o minuto de silencio iría "en contra dos seus ideais" e explicou que a maioría de críticas que recibiu "son de homes, sobre todo arxentinos", aínda que recoñece que tamén houbo algunha mensaxe despectiva por parte doutras mulleres. 

Más en Deporte General
Comentarios