jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Deixar os vestiarios sucios carrexará sanción

Suciedad en un vestuario. ARCHIVO
Suciedad en un vestuario. ARCHIVO
A FGF aproba unha nova norma

A Federación Galega de Fútbol aprobou unha norma para obrigar aos clubs a deixar os vestiarios limpos tras os encontros.

A medida proposta polo presidente, Rafael Louzán, e a xunta directiva do ente autonómico tivo o respaldo da última Asemblea xeral da Federación.

A partir de agora os equipos estarán obrigados a deixar os vestiarios, polo menos, tal e como os atoparon, sen botellas de auga tiradas, esparadrapos, vendas e demais desperdicios que teñen que limpar os delegados ou utileros dos equipos locais, ou, en ocasións, persoal de limpeza dos Concellos, segundo indica a Federación.

Incumprir a nova norma levará sanción, tal e como constará no regulamento disciplinario, e recaerá no equipo responsable.

A Federación Galega busca con esta medida "dar un novo impulso ás boas prácticas, á educación e á concienciación sobre o bo uso das instalacións públicas por parte dos futbolistas e en aras de fomentar as boas relacións entre os equipos". 

Deixar os vestiarios sucios carrexará sanción
Comentarios