jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Denuncian ao presidente do Celta e a alcaldesa de Mos por souborno e prevaricación

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo nos terrens nos que se prevé construir a cidade deportiva.AEP
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo nos terrens nos que se prevé construir a cidade deportiva.AEP
Taimega levou a acusación á Fiscalía, dado que considera poderían ter cometido os delitos no relativo ao centro comercial integrado no proxecto da cidade deportiva

A Comunidade de Montes de Tameiga denunciou ante Fiscalía un posible delito de prevaricación e suborno cometido polo presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nídia Arévalo, na firma do convenio para a construción do centro comercial que contempla a cidade deportiva do club de fútbol vigués.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Comunidade de Montes, os feitos foron postos en coñecemento do Ministerio Público o pasado mércores.

Solicitan que se investigue se os termos do convenio, validado posteriormente en sesión plenaria do concello, constitúen unha infracción do artigo 404 do Código Penal e da Lei do Solo de Galicia.

A comunidade, que asegura que a denuncia se centra na construción do centro comercial e non na cidade deportiva do Celta, asegura que o club e o concello "omitiron" no convenio que a lei establece que para desenvolver un plan, os promotores deben posuír o 50 por cento dos terreos.

"No convenio asinado comprométense a recalificar 1 millón de metros cadrados, pero a parte que vai desenvolver o plan non é posuidora dos terreos", sinalan fontes da entidade denunciante, que lembra que a metade da superficie na que se asenta o proxecto é propiedade da comunidade e o resto, de particulares.

Este sábado, o Real Club Celta celebrará o acto de colocación da primeira pedra da cidade deportiva, un proxecto que xerou rexeitamento social entre os comuneiros da área metropolitana de Vigo, que contan co respaldo dos grupos da oposición en Mos e no Parlamento galego, que tachan o plan de "pelotazo urbanístico".

Denuncian ao presidente do Celta e a alcaldesa de Mos por souborno...
Comentarios