Jueves. 24.05.2018 |
El tiempo
Jueves. 24.05.2018
El tiempo

O Dépor xa lle busca substituto a Cristóbal Parralo tras o desastre de Anoeta

Cristóbal Parralo, durante o partido disputado en Anoeta. JUAN HERRERO (EFE)
Cristóbal Parralo, durante o partido disputado en Anoeta. JUAN HERRERO (EFE)

O equipo atópase en postos de descenso e é o máis goleado da liga española

O 5-0 encaixado polo RC Deportivo este venres trouxo consigo a peor das noticias para a súa ata agora adestrador, Cristóbal Parralo. Segundo diversos medios deportivos a directiva encabezada por Tino Fernández dixo basta e xa busca un técnico que substitúa ao cordobés.

O propio Parralo afirmara na rolda de prensa posterior ao encontro, en referencia á súa situación, que non lle correspondía a el analizar o seu futuro, senón "ao Consello e ao presidente, que son os que toman a decisión" dunha posible destitución.

O técnico, visiblemente afectado tras o desastre de Anoeta, rexeitou cualificar a actuación do equipo como "vergoñosa" pero si recoñeceu que era "imposible facelo peor".

Un pensamento compartido sen dúbida pola directiva branquiazul, que xa peitea o mercado en busca do substituto ideal. Segundo Marca o exrealista Martin Lasarte, que soou varias veces para facerse cargo do Deportivo, podería ser o elixido, aínda que a lista de nomes crecerá nos próximos días.

O Dépor atópase en postos de descenso e é o conxunto máis goleado da liga española.

O Dépor xa lle busca substituto a Cristóbal Parralo tras o desastre...