Estrella Galicia apoia á hostalería cunha camiseta de fútbol especial

Deportivo, Celta, Lugo e Valladolid lucirán a peza en partidos oficiais
Generated by  IJG JPEG Library

A empresa Estrella Galicia puxo en marcha unha campaña de apoio á hostalería que, entre outras accións, modificará as camisetas de catro equipos do fútbol profesional español, dous de LaLiga Santander, Valladolid e Celta; e dous de LaLiga SmartBank: Deportivo e Lugo.

A cervexeira galega pretende axudar a revitalizar "un sector que sufriu especialmente as consecuencias" da crise pola Covid-19, segundo explica nun comunicado.

Os equipos lucirán no espazo reservado ao seu patrocinador nas camisetas a lema'A las barras Resistencia'.

Os catro clubs vestirán unha edición especial dos seus equipamentos, que tamén incluirán os nomes dos locais de hostalería máis emblemáticos das súas respectivas cidades.

Paralelamente, Estrella Galicia promoverá unha bancada virtual (www.alasbarrasresistencia.com) na que os afeccionados de cada equipo poderán participar en sorteos, así como realizar achegas para apoiar distintas iniciativas que contribuirán á progresiva recuperación da hostalería.

O Valladolid e o Celta lucirán esa camiseta no duelo que lles enfrontará o 17 de xuño; o equipo vigués repetirá ante o Atlético de Madrid o 8 de xullo no seu estadio; o Deportivo farao ante a SD Ponferradina o 28 de xuño, e o Lugo, fronte ao Xirona o 12 de xullo. 

Comentarios