miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

A Federación Galega de Fútbol aplica un Erte

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. AEP
O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. AEP
É a primeira federación deportiva en Galicia en tomar esta medida

A Federación Galega de Futbol (RFGF) converteuse este xoves na primeira federación deportiva da comunidade, ademais da primeira territorial do fútbol español, en aplicar un Erte ao seu persoal, despois de que fose aceptada a súa solicitude pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. 

"Constatar a existencia de forza maior vinculada ao covid-19 como causa motivadora da suspensión dos contratos laborais e a redución da xornada das persoas traballadoras da Federación Galega de Fútbol, como consecuencia da declaración do estado de alarma", subliña a resolución da Secretaría Xeral de Emrego.

Na mesma faise constar que a duración do Erte estará vixente "mentres se manteña a situación extraordinaria" derivada do covid-19, e a súa aplicación será desde o pasado 14 de marzo. 
O presidente da RFGF, Rafael Louzán, agradece a toda a xunta directiva a súa "comprensión" e "sensibilidade" ante esta delicada decisión, e recorda que esta medida "extraordinaria" foi tomada co obxectivo de "garantir" os postos de traballo no futuro. 

A Federación Galega de Fútbol aplica un Erte
Comentarios