Fernando Torres xogará no Sagan Tosu xaponés

O dianteiro confirmou o seu destino para a próxima tempada

Torres, con la camiseta del Sagan Tosu. VÍCTOR LERENA
photo_camera Torres, con la camiseta del Sagan Tosu. VÍCTOR LERENA

O dianteiro español Fernando Torres, que a pasada tempada se despediu do Atlético de Madrid, xogará a próxima campaña no Sagan Tosu da liga xaponesa, segundo anunciou el mesmo este martes en Madrid.

Torres, que tamén manexaba ofertas de China e Australia, comentou que espera debutar co seu novo equipo o próximo 22 de xullo. 

No país nipón reencontrarase con Andrés Iniesta, compañeiro de xeración e de selección, que hai semanas anunciou a súa fichaxe polo Vissel Kobe. 

Fernando Torres despediuse do Atlético de Madrid en maio nun partido ante o Eibar no que marcou dous goles entre gran emoción da que foi a súa afección. Antes tamén xogou no Liverpool, Chelsea e Milán.

Comentarios