O fillo de Michael Schumacher debutará o ano que vén na Fórmula 1 con Haas

"A idea de estarna grella de saída da Fórmula 1 faime incriblemente feliz", sinalou Mick Schumacher
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Mick Schumacher, tras gañar unha carreira. EFE

O actual líder de Fórmula 2 Mick Schumacher, fillo do heptacampeón de F1 Michael Schumacher, debutará o ano que vén na máxima categoría do automobilismo coa escuadra estadounidense Haas.

"A idea de estar o ano que vén na grella de saída da Fórmula 1 faime incriblemente feliz e estou simplemente sen palabras", asegurou nun comunicado o piloto, de 21 anos.

Mostrouse ademais moi agradecido a Ferrari, á Academia de Ferrari e aos seus pais. "Sempre crin que faría realidade o meu soño de competir na Fórmula 1", agregou.

O xefe do equipo Haas, Günter Steiner, mostrouse pola súa banda convencido de que Schumacher, "polo seu rendemento, gañouse a oportunidade" de saltar á Fórmula 1.

O novo piloto, que conformará o novo equipo de Haas xunto ao ruso Nikita Masepin, está a piques de proclamarse gañador de Fórmula 2 co equipo italiano Prema a falta das últimas dúas carreiras da tempada en Baréin.

A posibilidade de que accedese á Fórmula 1 estaba xa no aire para este piloto da Academia de Ferrari. Hai apenas dúas semanas recoñecía que ese era a súa "obxectivo final", pero que era difícil.

"Hai asentos moi limitados na Fórmula 1. Quen os consegue ao final é algo que só os xefes saben (...) O meu obxectivo é estar na cima e pelexar cos mellores", afirmou.

As expectativas son altas sobre Mick, por ser o terceiro Schumacher na elite do automobilismo mundial, e pola súa traxectoria, empezando polas competicións de Karts e escalando polas distintas categorías a gran velocidade nos últimos seis anos. Ademais de estar cerca do campionato de Fórmula 2, foi vicecampeón da Fórmula 4 alemá e campión europeo de Fórmula 3.

Comentarios