viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo

Froome estrélase en Dauphiné e di adeus ao Tour

Chris Froome.GUILLAUME HORCAJUELO (Efe)
Chris Froome.GUILLAUME HORCAJUELO (Efe)

O ciclista británico rompeu o femur ao chocar contra un muro nun crono

Froome perderase o próximo Tour de Francia ao sufrir unha fractura de femur nunha caída no descenso de Saint-André-D'Apchon do Daunphiné.

O ciclista británico disputaba un crono crave na competición, cando acabou chocando cun muro provocándose unha fractura pola que o tetracampeón do Tour foi trasladado en helicóptero a un hospital de Roanne. De modo, que di adeus ao Dauphiné e ao soño de entrar no "club dos 5" vencedores do Tour.

Este foi un duro golpe para a formación Ineos, que xa soñaba co tridente formado por Froome, Geraint Thomas e Egan Bernal. As bazas quedan en dúas, pero consistentes, xa que loitarán polo título en París o actual gañador da "grande boucle" e a perla do ciclismo colombiano.

Froome estrélase en Dauphiné e di adeus ao Tour
Comentarios