domingo. 11.04.2021 |
El tiempo
domingo. 11.04.2021
El tiempo

O primeiro derbi entre o Lugo e o Dépor será o 1-D

El colegiado expulsa a un jugador del Lugo en el derbi de Riazor. QUINTANA
El colegiado expulsa a un jugador del Lugo en el derbi de Riazor. QUINTANA

Os lucenses estreánse ante o Estremadura e os coruñeses ante o Oviedo

O duelo galego da liga 1/2/3 entre o RC Deportivo e o CD Lugo disputarase o 1 de decembro no Anxo Carro e o 1 de marzo no estadio Abanca-Riazor.

O sorteo que se celebrou este xoves deparou que os dous galegos da categoría de prata se enfronten na xornada 18 e tres meses despois repitan duelo na xornada 30.

Os dous comezarán o campionato en casa, o Deportivo ante o Oviedo en Riazor e o Lugo fronte ao Estremadura no Anxo Carro. A primeira xornada celébrase o 18 de agosto.

Ambos pecharán a fase regular tamén diante do seu público, o Dépor ante o Fuenlabrada e o Lugo fronte ao Mirandés.

O primeiro derbi entre o Lugo e o Dépor será o 1-D
Comentarios