jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Madrid-Xirona e Sevilla-Barça en cuartos de Copa

Un aficionado del Sevilla y otro del Barcelona, en el sorte. RFEF
Un aficionado del Sevilla y otro del Barcelona, en el sorte. RFEF

Competición desestimou o recurso do Levante por aliñación indebida de Chumi ao consideralo fóra de prazo

Sevilla-Barcelona, a reedición da última final, e Real Madrid-Xirona serán os emparellamentos máis destacados dos cuartos de final da Copa do Rei, segundo o sorteo celebrado este venres na Cidade do Fútbol de Las Rozas. As datas oficiais fixadas para esta eliminatoria son 23 e 30 de xaneiro.

O Barcelona entrou no sorteo dos cuartos de final ao rexeitar a xuíza de competición da RFEF, Carmen Pérez, a pretensión do Levante por presentar o recurso fóra de prazo.

Segundo informaron fontes federativas pouco antes o sorteo, foi rexeitada a denuncia que presentou o Levante este mesmo venres por entender que houbo aliñación indebida do canteirán Juan Brandáriz, Chumi, no partido de ida os oitavos de final da Copa. O galego, natural da Laracha, vira a quinta amarela coa filial blaugrana a semana anterior. 

Emparellamentos de cuartos de final
Real Madrid - Xirona
Xetafe - Valencia
Sevilla - Barcelona
Espanyol - Betis

Madrid-Xirona e Sevilla-Barça en cuartos de Copa
Comentarios