Messi perde o litixio contra ABC

O arxentino demandara ao diario que dirixe o galego Bieito Rubido por unhas informacións sobre a Fundación Leo Messi

Leo Messi y Bieito Rubido. AEP
photo_camera Leo Messi y Bieito Rubido. AEP

En maio e xuño de 2017, o diario ABC, dirixido polo galego Bieito Rubido, publicou tres informacións sobre supostas irregularidades contables na Fundación Leo Messi, coas que ocultaría aos fiscos español e arxentino uns 10 millóns de euros.

O arxentino decidiu demandar entón ao xornal por atentar contra a súa honra, unha querela dirixida a Rubido e o redactor Javier Chicote. Con todo, o xulgado de Primeira Instancia número 4 de Gavá desestima a demanda de Messi, que solicitaba unha indemnización de 202.786 euros, segundo informa ABC. O xogador, ademais, terá que pagar as costas, aínda que o fallo é recurrible.

En concreto, o xuíz entende que as informacións publicadas "son veraces" e que houbo "dilixencia profesional" no traballo de ABC, segundo explica o propio diario do grupo Vocento.

Comentarios