lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

Moncho Fernández amplía o seu contrato co Obradoiro ata xuño de 2021

Moncho Fernández.AEP
Moncho Fernández.AEP

"Queremos seguir crecendo xuntos", comentou o presidente do club, Raúl López

O Monbus Obradoiro anunciou este mércores a ampliación de contrato por unha tempada máis, ata xuño de 2021, do técnico Moncho Fernández, quen comezou a súa etapa no conxunto compostelán no verán do ano 2010.

"Estamos a traballar nun plan global para seguir dando pasos cara a adiante coa implicación de todo o que se queira sumar, e Moncho e o resto do corpo técnico forman parte importante desa construción, ao estar en sintonía co proxecto e manter a percepción de estar nun bo sitio. "Queremos seguir crecendo xuntos", declarou o presidente do club, Raúl López.

Moncho Fernández ampliara o seu contrato co club ata 2020 en xaneiro do ano pasado 2018. Desde a súa chegada ao club, acumula un balance global de 141 vitorias e 167 derrotas. En 2013 disputou o único 'playoffp polo título ACB na historia do Obradoiro.

Ademais, baixo o seu liderado o equipo santiagués participou como anfitrión na Copa do Rei da Coruña en 2016 e da Supercopa Endesa en Santiago de Compostela en 2018.

Mañá xoves terá lugar, ás 11:45 horas, unha rolda de prensa na que directiva e adestrador ofrecerán as súas impresións sobre esta nova renovación.

Moncho Fernández amplía o seu contrato co Obradoiro ata xuño de 2021
Comentarios