O nigranés Gony Zubizarreta, campión do mundo de surf

O equipo español, do que forma parte o galego, gañou nun emocionante final a Xapón

El equipo español de surf celebra el triunfo. TWITTER (@ISAsurfing)
photo_camera El equipo español de surf celebra el triunfo. TWITTER (@ISAsurfing)

O equipo español de surf, do que forma parte o nigranés Gony Zubizarreta, gañou este xoves a medalla de ouro na Copa Aloha dos mundiais que se disputan en Tahara (Xapón).

A Copa Aloha é unha competición de substitucións que reúne ás oito mellores seleccións da anterior edición dos mundiais. Forman cada equipo dúas mulleres e dous homes. Cada un debe surfear tres ondas en 45 minutos para que todas as puntuacións se sumen.

España gañou nun emocionante final a Xapón. Gony Zubizarreta foi decisivo ao anotar a mellor onda do seu equipo na final cun 6,27. Xunto a el competiron Vicente Romeu, Nadia Erostarbe e Leticia Canles.

Segundo informa a federación internacional (ISA), nos últimos segundos da proba, cando todos os equipos estaban xa de volta nas súas carpas excepto España, Vicente Romero conseguiu unha puntuación de 1,7 e logrou nun último sprint chegar a tempo á meta, co que asegurou o liderado.

"Gañar o ouro é un sentimento incrible", dixo Zubizarreta. "É a primeira medalla de ouro para España e sen dúbida a Copa Aloha foi a parte máis divertida do mundial. Competir contra os outros equipos, as carreiras, a tensión, fano moi intenso". "Tivemos un arranque un pouco lento pero grazas ás tres ondas que conseguiu Leticia Canales remontamos. Necesitabamos unha onda no último minuto e logramos terminar nos últimos segundos. Foi incrible", engadiu.

España avantaxou a Xapón en 0,26 puntos. O equipo costarriqueño gañou o bronce e Estados Unidos o cobre.

Comentarios